O Centro de Intervención en Medio Aberto “CIEMA LUGO“, é un Centro Colaborador da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, para a atención integral de menores infractores no medio aberto segundo o desenvolvemento da Lei Orgánica 5/2000 e Lei Orgánica 8/2006 pola que se modifica a anterior orde.
As medidas xudiciais que desenvolve son as seguintes:
- Tratamento Ambulatorio
- Asistencia a Centro de Día
- Permanencia de fin de semana en domicilio
- Liberdade Vixiada
- Convivencia con outra persoa, familia ou grupo educativo
- Prestacións en Beneficio da Comunidade
- Realización de Tarefas socioeducativas
Este centro leva intervindo con adolescentes en conflito social desde setembro do ano 2000.
CENTRO DE DÍA DIGNIDADE ABEIRO
É un Centro de Atención de Día, Colaborador da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, para a atención integral de menores en idades comprendidas entre os 0 a os 18 anos.
Este centro desempeña este labor dende setembro do ano 1999.
Poboación atendida
- Menores en situación de risco ou desamparo que por diferentes circunstancias sociofamiliares e persoais non poidan, polo menos temporalmente ver cubertas todas as súas necesidades tanto materiais, afectivas, educativas, etc. no seo da súa propia familia.
- Familias que presentan algunha disfunción que dificulta o exercicio das súas funcións nutricias e que, como consecuencia, pode comprometer o adecuado desenvolvemento do neno/a ou adolescente.
- Familias que afrontan unha crise evolutiva para as cales o Programa de Atención de Día pode funcionar como un elemento colector e/ou protector.
- Familias que precisan un respiro, así como apoio na atención das súas fillas e fillos, dadas as características e o comportamento actuais destes.

É un Centro de Atención de Día, Colaborador da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, para a atención integral de menores en idades comprendidas entre os 0 a os 18 anos.
Este centro desempeña este labor desde setembro do ano 1999.
Poboación atendida
- Menores en situación de risco ou desamparo que por diferentes circunstancias sociofamiliares e persoais non poidan, polo menos temporalmente ver cubertas todas as súas necesidades tanto materiais, afectivas, educativas, etc. no seo da súa propia familia.
- Familias que presentan algunha disfunción que dificulta o exercicio das súas funcións parentales e que, como consecuencia, pode comprometer o adecuado desenvolvemento do neno/a ou adolescente.
- Familias que afrontan unha crise evolutiva para as cales o Programa de Atención de Día pode funcionar como un elemento colector e/ou protector.
- Familias que precisan un respiro, así como apoio na atención dos seus fillos, dadas as características e o comportamento actuais destes.

As Casas de familia DIGNIDADE, son centros colaboradores da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, para a atención integral de menores en situación de risco ou desamparo de idades comprendidas entre os 0 e 18 anos.
As Casas de familia son recursos temporales con capacidade para 8 prazas, que teñen como finalidade exercer como medida de protección destinada a aqueles nenos/as que non poden permanecer nos seus fogares.
Se lles proporciona un lugar de residencia e convivencia que cumpra co cometido dunha axeitada satisfacción de necesidades de protección, educación e desenvolvemento.
A Casa Familia de Lugo leva apoiando a nenos/as e adolescentes dende febreiro do 2010.
A Casa Familia de Santiago leva en funcionamento dende Xuño de 2013
O Punto de Encontro Familiar da provincia de Lugo é un recurso dependente da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia para aquelas familias que no seu proceso de ruptura necesitan un apoio técnico e neutral que facilite as relación entre os menores e outros familiares cos que non conviven habitualmente.
Beneficiarios
- Proxenitores cuxas circunstancias personáis fan aconsellable a supervisión dos encontros co menor (por exemplo, tratamento de enfermidades ou toxicomanías, carencia de habilidades para o coidado do neno, etc.).
- Proxenitores non custodios que, por diversas razóns, carecen dun lugar que garanta o benestar do menor durante a visita (por exemplo, reside fóra da cidade, a súa vivenda non reúne condicións axeitadas, convive con perdoas que supoñen risco para o menor, etc.).
- Familias nas que o proxenitor custodio oponse ao réxime de visitas e non favorece os encontros.
- Menores que amosan unha disposición negativa a relacionarse co seu proxenitor.
- Menores que se atopan separados dos seus proxenitores cunha medida de protección mediante un acollemento familiar ou residencial.
- En determinados casos, avós u outros familiares dos menores.