É cunha inmensa alegría que compartimos con todos vós un éxito que nos enche de satisfacción: A nosa Fundación recibiu a certificación EFR (Empresa Familiarmente Responsable), un recoñecemento internacional que subliña o noso firme compromiso coa CONCILIACIÓN, a responsabilidade social, a flexibilidade, o benestar das persoas que son parte da nosa organización, así como das súas familias, e a excelencia na xestión.

Na xornada de onte, tivemos a honra de recibir esta certificación nas oficinas da Dirección Xeral de Familia e Infancia. O evento contou coa presenza de Jacobo Rey Sastre, Director Xeral de Familia e Infancia da Xunta de Galicia; Rafael Fuertes, Director Xeral da Fundación Mas Familia; e Jorge Fábrega Golpe, Director de Eduqatia.

Na Fundación Educativa e Social Dignidade, temos consolidado un compromiso sólido coas nosas compañeiras e compañeiros, xunto coa promoción da conciliación entre a vida persoal e profesional. Durante un longo período, traballamos activamente no deseño de políticas e programas que faciliten a conciliación da vida laboral e familiar, implementando medidas concretas, transparentes e xustas.

Por este motivo, decidimos embarcar nesta travesía para obter a certificación EFR, converténdonos, ademais, na primeira entidade xestora de centros de menores en alcanzar esta distinción a través do novo suplemento sectorial da norma EFR 3000-1 para centros de menores (EFR 1000-21 centros de menores).

É cunha satisfacción inmensa que compartimos tamén que obtivemos unha puntuación total que nos clasifica como entidade PROACTIVA (B). Este recoñecemento é un testemuño do noso esforzo e dedicación na construción dun entorno laboral equilibrado e inclusivo para todas as persoas da nosa Fundación.

Seguiremos traballando en conxunto coas persoas que formamospara avanzar e mellorar no eido da conciliación e da responsabilidade social.

Copyrighted Image