Menores do Centro de Intervención Educativa en Medio Aberto, CIEMA Lugo, xestionado pola Fundación Educativa e Social Dignidade, participaron nos xulgados de Lugo nunha xornada sobre delitos contra a liberdade sexual, promovida dentro do programa EducarEnXustiza polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A maxistrada Sandra Piñeiro e o maxistrado Luís Villares explicáronlles os diferentes tipos de delitos e examinaron as verdades e os bulos existentes sobre as denuncias por #ViolenciaDeXénero

Copyrighted Image