O pasado día 15 de Decembro ás 11 h participamos na Coruña, no Encontro das 28 entidades que recibimos apoio nunha convocatoria da Fundación “La Caixa” neste ano 2021.

No caso da Fundación Educativa e Social Dignidade, neste 2021 recibimos o seu apoio , cunha dotación económica de 23.090€ na convocatoria de Interculturalidade e Acción Social polo proxecto “Escuelas sin Violencia”. Con este proxecto preténdese reducir as situacións de violencia que viven algunhas persoas menores no ámbito escolar, así como reforzar os coñecementos e habilidades das persoas menores, familias e docentes para que sexan parte activa na promoción do bo trato e poidan recoñecer a violencia e reaccionar fronte á mesma.

No Encontro de entridades traballouse sobre os puntos fortes dos 28 proxectos, aspectos de continuidade, adaptación COVID -19 procurando xerar coñecemento mutuo e sinerxias.

Copyrighted Image