Con data 1 de xullo de 2020 iniciouse o servizo denominado Miniresidencia Dignidade Mondoñedo, un centro que acolle 15 prazas en réxime residencial e 2 prazas de atención de día.
O centro ubicado na localidade mariñense de Mondoñedo atópase no antigo Sanatorio de Nosa Señora dos Remedios, propiedade do Concello de Mondoñedo, ocupando unha pranta e media mediante cesión á Fundación Dignidade durante o período de duración do contrato administrativo coa Xunta de Galicia.
Neste recurso creáronse 12 postos de traballo directos entre equipo educativo, auxiliares e administración.
Comentarios recentes