¿QUEN SOMOS?

Somos unha ONL que traballa con persoas de cara ao futuro, a través de programas e proxectos creativos e innovadores para propiciar o cambio a través do bo trato e a dignidade humana.

O noso obxectivo principal é a colaboración social en materia educativa da mocidade , principalmente en colectivos máis susceptibles de ser vítimas da pobreza e/ou marxinación.

Dende o ano 2016 constituise como FUNDACIÓN EDUCATIVA E SOCIAL DIGNIDADE inscrita no rexistro de Fundacións de Interese Galego co Número 06/2016

VISIÓN

A nosa visión, para o ano 2020, é intervir na Sociedade de forma activa e integral a través de programas e proxectos creativos e innovadores que nos permitan:

Con respecto ás persoas
Ofrecer servizos especializados e innovadores na atención a persoas (menores/adolescentese e as súas familias) que fomenten a súa autonomía para que poidan ter unha vida máis plena e se sintan parte da sociedade e da comunidade.
Con respecto á sociedade
Contribuir positivamente á sociedade, actuando cun compromiso de cidadanía global e incorporando, neste compromiso, ao mundo empresarial.

Crear redes sociais que permitan, mediante a cooperación e a xeración de ilusión, transmitir coñecemento e formación coa la finalidade de crear unha sociedade mellor.

Con respecto á nosa entidade
Dispoñer dunha estrutura consolidada, independente económica e funcionalmente, que actúe con calidade na xestión dos seus recursos mediante a profesionalización na intervención e cun equipo multi-disciplinar, ilusionado e motivado que aborde os diferentes retos dunha sociedade en continuo cambio mediante a mellora continua, a creatividade e a innovación.

VALORES

Dignidade e bo trato
Entendemos que as persoas e o seu desenvolvemento persoal son o centro de cada unha das nosas decisións e proxectos.
Autonomía e Integración
Promovemos a autonomía das persoas e a súa integración social.
Traballo en equipo
Entendemos os nosos recursos como unidades especializadas que se complementan para proporcionar unha intervención integral, para o que dispoñemos de equipos multidisciplinares que colaboran para alcanzar obxetivos comúns.
Creatividade e innovación
Fomentamos o uso de metodoloxías, proxectos e solucións innovadoras có fin de deseñar intervencións que den resposta ás necesidades específicas de cada Grupo de Interés.
Mellora continua, Motivación e Ilusión
O noso espírito de superación empúrranos a mellorar continuamente os resultados obtidos nas nosas intervencións e proxectos e incrementar o desenvolvemento persoal e profesional da nosa comunidade.
Compromiso social
Somos unha entidade preocupada e comprometida có noso entorno social e tomamos unha postura activa para melloralo.

POLÍTICA DE CALIDADE

Dignidade  quere proporcionar servizos que satisfagan as necesidades dos clientes e os requisitos legais e regulamentarios aplicables; a través da aplicación do Sistema de Xestión da Calidade ISO 9001.

Dignidade comprométese coa mellora continua e coa satisfacción nos seguintes termos:

Con respecto ás persoas usuarias
  • Comprometémonos coas persoas e cos seus retos.
  • Proporcionar apoio emocional, orientación e competencia educativa familiar.
Con respecto ás entidades colaboradoras
  • Dotar de información obxectiva e útil.
  • Coordinación institucional para mellorar a intervención
  • Deseño de proxectos viables, eficaces, eficientes, ofrecendo transparencia na xestión.
Con respecto aos recursos humanos da propia entidade
  • Proporcionar ferramentas necesarias para construír coñecemento que optimice a intervención do persoal.
  • Fomentar un ambiente ilusionante de traballo a través da conciliación da vida familiar e laboral.
  • Favorecer o desenvolvemento das capacidades persoais e talentos.
Subvencións

Por  Orde  do  17  de  decembro  de  2019  (DOG  17/01/2020)  establecéronse  as  bases  reguladoras  do procedemento  de  concesión  de  axudas  para  o  investimento  na  mellora  das  infraestruturas  e  do equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades  de iniciativa social e se convocan para o ano 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de DesenvolvementoRexional no marco do Programa Operativo FEDER GALICIA 2014-2020.

Fondo FEDER

PROGRAMA OPERATIVO DE GALICIA FEDER 2014-2020

ORGANISMO XESTOR: DIRECCION XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACION DEMOGRÁFICA

EIXO PRIORITARIO: 

Actuación 9.7.1.2:  “Axudas para o investimento  en  centros  de  inclusión  social  e  en  centros  de menores  para  a  adaptación  ás  necesidades funcionais”

 COFINANCIACION:

80 % FEDER

20 % XUNTA

PARTIDAS SUBVENCIONADAS

Asociación Dignidade Lugo

BS413A 2020/49

Beneficiario: Asociación Dignidade Lugo

Centro de Día Dignidad 1 Lugo

Obxecto

Equipamentos: Adquisición de 10 equipos informáticos portátiles

Importe:  7.399,15 €

Fundación Educativa e Social Dignidade

BS413A 2020/31

Beneficiario: Fundación educativa e social Dignidade

Casa de familia Dignidade Santiago de Compostela

Obxecto

Obras menores: Adecuación da zona exterior-patio da casa, formación de cuberta lateral do patio,  formación de terraza e realización de soportal en patio traseiro.

Importe: 10.813,27 €

BS413A 2020/33

Beneficiario: Fundación Educativa e Social Dignidade

Casa de Familia Dignidade Lugo

Obxecto

Obras menores: Apertura de oco no salón da casa para instalación de saída de emerxencia, instalación de porta de carpintería metálica e modificación da instalación eléctrica, de fontanería e da calefacción da dependencia. Subministración e instalación da carpintería metálica exterior do despacho-salón. Subministración e instalación de portas de madeira de entrada á vivenda con fechadura de seguridade.

Importe: 12.932,48 € 

HISTORIA

CONVENIOS

Diseño Web e Ilustraciones por

www.alejandrouro.com

Copyrighted Image