


¿QUEN SOMOS?
Somos unha ONL que traballa con persoas de cara ao futuro, a través de programas e proxectos creativos e innovadores para propiciar o cambio a través do bo trato e a dignidade humana.
O noso obxectivo principal é a colaboración social en materia educativa da mocidade , principalmente en colectivos máis susceptibles de ser vítimas da pobreza e/ou marxinación.
Dende o ano 2016 constituise como FUNDACIÓN EDUCATIVA E SOCIAL DIGNIDADE inscrita no rexistro de Fundacións de Interese Galego co Número 06/2016
¿QUEN SOMOS?
Somos unha ONL que traballa con persoas de cara ao futuro, a través de programas e proxectos creativos e innovadores para propiciar o cambio a través do bo trato e a dignidade humana.
O noso obxectivo principal é a colaboración social en materia educativa da mocidade , principalmente en colectivos máis susceptibles de ser vítimas da pobreza e/ou marxinación.
Dende o ano 2016 constituise como FUNDACIÓN EDUCATIVA E SOCIAL DIGNIDADE inscrita no rexistro de Fundacións de Interese Galego co Número 06/2016

VISIÓN
A nosa visión, para o ano 2020, é intervir na Sociedade de forma activa e integral a través de programas e proxectos creativos e innovadores que nos permitan:
Con respecto ás persoas
Con respecto á sociedade
Crear redes sociais que permitan, mediante a cooperación e a xeración de ilusión, transmitir coñecemento e formación coa la finalidade de crear unha sociedade mellor.
Con respecto á nosa entidade


VALORES
Dignidade e bo trato
Autonomía e Integración
Traballo en equipo
Creatividade e innovación
Mellora continua, Motivación e Ilusión
Compromiso social
VALORES
Dignidade e bo trato
Autonomía e Integración
Traballo en equipo
Creatividade e innovación
Mellora continua, Motivación e Ilusión
Compromiso social

POLÍTICA DE CALIDADE
Dignidade quere proporcionar servizos que satisfagan as necesidades dos clientes e os requisitos legais e regulamentarios aplicables; a través da aplicación do Sistema de Xestión da Calidade ISO 9001.
Dignidade comprométese coa mellora continua e coa satisfacción nos seguintes termos:
Con respecto ás persoas usuarias
- Comprometémonos coas persoas e cos seus retos.
- Proporcionar apoio emocional, orientación e competencia educativa familiar.
Con respecto ás entidades colaboradoras
- Dotar de información obxectiva e útil.
- Coordinación institucional para mellorar a intervención
- Deseño de proxectos viables, eficaces, eficientes, ofrecendo transparencia na xestión.
Con respecto aos recursos humanos da propia entidade
- Proporcionar ferramentas necesarias para construír coñecemento que optimice a intervención do persoal.
- Fomentar un ambiente ilusionante de traballo a través da conciliación da vida familiar e laboral.
- Favorecer o desenvolvemento das capacidades persoais e talentos.


Subvencións
Por Orde do 17 de decembro de 2019 (DOG 17/01/2020) establecéronse as bases reguladoras do procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social e se convocan para o ano 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de DesenvolvementoRexional no marco do Programa Operativo FEDER GALICIA 2014-2020.
Fondo FEDER
PROGRAMA OPERATIVO DE GALICIA FEDER 2014-2020
ORGANISMO XESTOR: DIRECCION XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACION DEMOGRÁFICA
EIXO PRIORITARIO:
Actuación 9.7.1.2: “Axudas para o investimento en centros de inclusión social e en centros de menores para a adaptación ás necesidades funcionais”
COFINANCIACION:
80 % FEDER
20 % XUNTA
PARTIDAS SUBVENCIONADAS
Asociación Dignidade Lugo
BS413A 2020/49
Beneficiario: Asociación Dignidade Lugo
Centro de Día Dignidad 1 Lugo
Obxecto
Equipamentos: Adquisición de 10 equipos informáticos portátiles
Importe: 7.399,15 €
Fundación Educativa e Social Dignidade
BS413A 2020/31
Beneficiario: Fundación educativa e social Dignidade
Casa de familia Dignidade Santiago de Compostela
Obxecto
Obras menores: Adecuación da zona exterior-patio da casa, formación de cuberta lateral do patio, formación de terraza e realización de soportal en patio traseiro.
Importe: 10.813,27 €
BS413A 2020/33
Beneficiario: Fundación Educativa e Social Dignidade
Casa de Familia Dignidade Lugo
Obxecto
Obras menores: Apertura de oco no salón da casa para instalación de saída de emerxencia, instalación de porta de carpintería metálica e modificación da instalación eléctrica, de fontanería e da calefacción da dependencia. Subministración e instalación da carpintería metálica exterior do despacho-salón. Subministración e instalación de portas de madeira de entrada á vivenda con fechadura de seguridade.
Importe: 12.932,48 €
HISTORIA

