CENTRO DE DÍA DIGNIDADE ABEIRO
É un Centro de Atención de Día, Colaborador da Consellería de Traballo e Benestar dá Xunta de Galicia, para a atención integral de menores en idades comprendidas entre os 0 a os 18 anos.
As características da poboación atendida son:
- Menores en situación de risco ou desamparo que por diferentes circunstancias sociofamiliares e persoais non poidan, polo menos temporalmente ver cubertas todas as súas necesidades tanto materiais, afectivas, educativas, etc. no seo da súa propia familia.
- Familias que presentan algunha disfunción que dificulta o exercicio das súas funcións parentales e que, como consecuencia, pode comprometer o adecuado desenvolvemento do neno/a ou adolescente.
- Familias que afrontan unha crise evolutiva para as cales o Programa de Atención de Día pode funcionar como un elemento colector e/ou protector.
- Familias que precisan un respiro, así como apoio na atención dos seus fillos, dadas as características e o comportamento actuais destes.
Este centro desempeña este labor desde setembro do ano 1999.
|
 |